Deserto de Gobi

O deserto do Gobi é unha vasta rexión desértica comprendida entre o norte da China e o sur da Mongolia. A cunca desértica está delimitada polas montañas Altai, a estepa de Mongolia, a meseta do Tíbet e a chaira do norte da China. O nome Gobi significa "deserto" en mongol.

É o deserto areento máis setentrional de todos, no que viven algúns animais raros tales como o camelo bactriano (de dúas corcovas) e o rarísimo cabalo de Przewalski.

O Gobi esténdese sobre 1.600 km do suroeste ao nordeste e sobre 800 km do norte ao sur. A súa superficie estimase en 1 300 000 km², o que o fai o un dos máis grandes desertos do mundo. Contrariamente ás imaxes frecuentemente asociadas aos desertos, o Gobi non está recuberto de area senón sobre todo de pedras.

O deserto de Gobi é coñecido no mundo da Paleontoloxía pola riqueza e calidade dos seus restos fóseis, entre os que foron descritas pola primeira vez moitas especies de dinosauros.

Photographies by:
Miss Irina - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
478
Statistics: Rank
181456

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
861724539Click/tap this sequence: 7191

Google street view

Where can you sleep near Deserto de Gobi ?

Booking.com
488.984 visits in total, 9.195 Points of interest, 404 Destinos, 30 visits today.