Kraków
( Cracovia )
Cracovia (en polaco Kraków, alemán Krakau) é a segunda cidade da Polonia actual, e unha das máis antigas cidades da Polonia histórica, cunha poboación de 1 027 503 habitantes no ano 2013 (1.4 millóns, tendo en conta a área de influencia metropolitana). Esta cidade histórica está situada á beira do río Vístula (Wisła) e aos pés do outeiro Wawel. É tamén a capital da rexión da Pequena Polonia (desde 1999).
Cracovia é tradicionalmente unha das cidades punteiras en educación, cultura e movementos artísticos e tamén achega un importante peso económico ao país. Foi fundada ó redor do ano 700, xa que a cidade existía xa no século VII, habitada pola tribo de Wislanie. A primeira fonte documentada en que aparece mencionado o Príncipe Krakus (escrito Grakch) data de 1190. Foi atacada e devastada polos mongois en 1241, 1259 e 1287, e capital de Polonia entre 1320 e 1596. Formou parte do Imperio austríaco, co nome de Krakau, de 1795 a 1809 e de 1846 a 1914. Durante a invasión de Polonia por parte da Alemaña nazi foi a capital do Goberno Xeral e a poboación xudía foi movida a un recinto fechado chamado Gueto de Cracovia desde onde os foron trasladando aos campos de exterminio de Auschwitz-Birkenau ou Płaszów.
Engadir un novo comentario