A Catedral de Aquisgrán ou Catedral Imperial de Aquisgrán (en alemán Aachener Dom e en francés Cathédrale d'Aix-la-Chapelle) é unha catedral situada na cidade alemá de Aquisgrán, ao oeste do país e a escasos quilómetros da fronteira con Bélxica e os Países Baixos.
A Catedral de Aquisgrán é considerada a catedral máis antiga do norte de Europa. A súa orixe se remóntase á Capela Palatina construída polo emperador franco Carlomagno a finais do século VIII, ano 786 d.C, onde enterrouse despois da súa morte no 814. A partir deste núcleo orixinal, foi sucesivamente ampliada nos mil anos seguintes, ata formar o conxunto actual, que é un conglomerado de moi diferentes estilos arquitectónicos.
A Catedral de Aquisgrán foi un dos primeiros 12 lugares incluídos na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco, elixida en 1978.
Engadir un novo comentario