O Castelo de Villena ou da Atalaia atópase sobre un contraforte do monte de San Cristovo ou da Vila, na localidade de Villena, no noroeste da provincia de Alacant, no País Valenciano, próximo á liña de separación coa provincia de Albacete e que domina a antiga liña fronteiriza entre Castela e Aragón.
Foi construído polos árabes non se sabe cando, aínda que non despois do século XII, xa que as fontes árabes xa o mencionan no ano 1172. Especulouse moito sobre a posibilidade de que a fortaleza se asente sobre unha fortificación ou vila romana anterior, aínda que a arqueoloxía non botou luz sobre este respecto.
Foi unha importante praza forte dos musulmáns, e mostra da súa robustez é que as tropas de Xaime I tiveron que asedialo tres veces para conseguir tomalo, finalmente, en 1240. Pese a ser conquistado polos aragoneses, pasou a mans castelás en virtude do Tratado de Almizra. Primeiro deuse en tenencia aos cabaleiros de Calatrava, pero pronto pasou en poder do infante don Manuel ao ser nomeado señor de Villena. Tras a súa morte, pasou a mans do seu fillo, o insigne escritor don Juan Manuel. Este desposou a infanta Constanza de Aragón, filla de Xaime II aos 6 anos de idade, e tívoa recluída no castelo de Villena até que cumpriu os doce anos e puido consumar o matrimonio. A estancia de Constanza obrigou a don Juan Manuel a efectuar reformas para mellorar a seguridade da praza. Durante as súas estancias en Villena, as súas principais ocupacións foron a literatura e a caza,[1] moi abundante naquela época a xulgar polas súas propias palabras:
Despois da liñaxe dos Manueles, foi Alfonso de Aragón e Foix o dono da fortaleza, ao ser nomeado primeiro marqués de Villena. Se houbo rastros do paso do primeiro marqués polo castelo, don Juan Pacheco, segundo marqués de Villena, encargouse de facelos desaparecer. A el se deben os revestimentos dos muros, o segundo lenzo de muralla e as plantas terceira e cuarta da torre, que converteron a fortaleza nun castelo-palacio. En 1476, alentado polos Reis Católicos, o pobo de Villena sublevouse contra o marqués Diego López Pacheco nunha asonada que custou a vida de miles de xudeus e conversos que se refuxiaran no castelo. Desde entón, nin a cidade nin o castelo saíron dos dominios reais, e o marquesado quedou convertido en título honorífico.
Idade ContemporáneaA fortaleza tivo un importante papel nas Revoltas das Xermanías, xa que alí se refuxiou o vicerrei Diego Mendoza despois da súa derrota en Gandia, e dela partiron as tropas para arrebatar do poder dos sublevados a cidade de Valencia. Na Relación que enviou o Concello de Villena a Filipe II en 1575 aparece unha descrición considerablemente extensa do castelo e a súa situación:
Tamén foi escenario importante na Guerra de Sucesión, cando 50 homes fieis aos borbóns soportaron un asedio de 8 días dos austríacos, a quen, finalmente, fixeron levantar o cerco. Este feito valeulle a Villena o título de Fidelísima, que sumou aos que xa tiña de Moi Nobre e Moi Leal.[1]
Incluso xa na Guerra da Independencia de España contra os franceses foi o castelo da Atalaia punto estratéxico, feito polo cal mandou o mariscal Suchet voar as cubertas da torre da homenaxe, incluíndo gran parte das dúas bóvedas almohades, que xunto coas do castelo de Biar, son unhas das máis antigas de España e de todo o Magrebe no seu estilo.
Abandono e restauraciónA partir de entón, o castelo quedou abandonado, converténdose en lugar de pasto e cemiterio de cans vagabundos, como dixo no seu momento o arqueólogo villenense José María Soler.[1] Non só iso, senón que ademais as casas que foron nacendo a partir do século XIX arredor do castelo utilizaron en moitos casos materiais da fortaleza.[4] A Soler se lle debe que a partir de 1958 se levaran a cabo obras de restauración, así como tamén as diversas escavacións realizadas no perímetro da fortaleza, que permitiron recuperar interesantes materiais sobre a historia da cidade e a fortaleza, parte dos cales se atopan expostos no Museo Arqueolóxico José María Soler.
As primeiras obras de restauración, de 1958, centráronse na reconstrución das cubertas da torre da homenaxe e das torriñas que a coroan. Durante os anos 60 restauráronse as murallas que rodean o patio de armas, e en 1971 reconstruíronse os dous cubos que flanquean a porta de entrada do castelo. Desde entón, e até a actualidade, fóronse levando a cabo obras de pequena envergadura con certa periodicidade.[4] Demostra que o castelo volve formar parte da vida da cidade o feito de que, desde 1961 se lancen desde alí os fogos artificiais do inicio das festas de Mouros e Cristiáns, e que desde 1977 se realicen as representacións das embaixadas moura e cristiá de ditas festas no castelo. Xa na década de 1990 rehabilitouse totalmente a contorna da fortaleza e instalouse a iluminación nocturna do monumento.
↑ 1,0 1,1 1,2 Soler García, José María (2002). "Monumentos: El castillo de Villena". En Imprenta Taravilla. Villena : Prehistoria - Historia - Monumentos (1ª ed.). p. 178. ISBN 84-95112-05-1. ↑ Soler García, José María. Fundación Municipal José María Soler. Dixitalizado pola Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, ed. "Historia de Villena: desde la Prehistoria hasta el siglo XVIII" (PDF) (en español). Consultado o 4 de abril de 2012. ↑ Concello de Villena (1575). "33. Los castillos, torres y fortalezas que en el pueblo y jurisdiccion de él hubiese, y la fábrica y materiales de que son, con relación de las armas y municiones que en ellas hubiere.". Relación de Villena de 1575. ↑ 4,0 4,1 Muñoz Seva, Francisco; Fernando Tendero Fernández; Antonio Martínez Puche (1997). "El Castillo de la Atalaya: entre la historia y la fiesta". Revista Villena (en español) (47): 229–236.
Engadir un novo comentario