Castells

Os castells (castelos en catalán) son torres humanas que se constrúen tradicionalmente, desde hai máis de 200 anos na comarca catalá do Camp de Tarragona, e que despois estendeuse ao Penedès, e durante o século XX por toda Cataluña, Cataluña do Norte e as Illas Baleares, especialmente a partir da década de 1980.

Un grupo no que interveñen ducias ou centenares de persoas, que reciben o nome de castellers, ten o obxectivo común de levantar diferentes construcións humanas, sen axuda ningunha de elementos mecánicos. As formacións construídas polos castellers poden chegar a ter até dez pisos de altura.

Desde o 16 de novembro de 2010, os castells son Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.

Destinos