قرطاج ( Cartago )

Cartago (do fenicio Kart-Hadasht, ou Qrthdst, isto é «Nova Cidade», en árabe قرطاج (Qartax) ) é unha antiga cidade, orixinariamente unha colonia fenicia no norte en Tunisia, situada a leste do Lago de Tunes, preto do centro de Tunes. Foi unha potencia do mundo antigo, disputando con Roma o control do mar Mediterráneo. Desa disputa orixináronse as tres guerras púnicas, despois das cales Cartago foi destruída.

A antiga capital púnica é hoxe un barrio de Tunes e un sitio arqueolóxico e turístico importante, sendo clasificado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.

Destinos