کاروانسرا ( Caravasar )

Un caravasar é un albergue para viaxeiros e comerciantes con instalacións para o almacenamento seguro das mercancías e cortellos para os animais de carga, situado nas longas rutas comerciais ou de peregrinación do mundo musulmán. Deste xeito, a maior concentración de caravasares atopámola en Asia Central, aínda que tamén se estendeu o seu uso polo norte de África e Europa suroriental. Neste caso os caravasares non xogaron un papel fundamental nas grandes rutas comerciais asiáticas, aínda que foron grandes dinamizadores da economía interior da zona, xa que conectaban as cidades e portos máis importantes. Situábanse a 30 km, por regra xeral, uns dos outros.

A palabra caravasar, ou na súa forma menos estendida "caravanserai", provén do persa karawan saray, composta por caravan (كاروان, que significa viaxeiros), e sarai (سرا, que significa hostal, refuxio ou pazo). De tódolos xeitos, tamén reciben o nome de khan.

Destinos