Cappuccino (bevanda) ( Capuchino (café) )

Un capuchino (do italiano cappuccino) é un café con leite moi escumoso. A bebida naceu en Italia e prepárase con café expreso e leite montado con vapor para crear a escuma característica. De cando en vez bótaselle por riba da escuma cacao ou canela en po. Por regra xeral a proporción de ingredientes é 125 ml de leite e 25 ml de café. Para conseguir un capuchino perfecto é importante que o café sexa expreso e controlar a temperatura do leite, que non debe superar os 70 °C.

A técnica do barista para lle dar volume ao leite é introducindo, por medio de vapor a presión, burbullas de ar miudiñas que lle outorgan a textura cremosa.

Destinos