Bocadillo de luras

O bocadillo de luras é unha especialidade culinaria moi frecuente en España consistente en, ou ben luras rebozadas en fariña e fritidas en aceite que adoita ser de oliva, ou ben a versión cun mollo de tomate picante e maionesa con allo semellante á das patacas bravas. Adóitase servir quente, acabado de facer. Este tipo de bocadillo (a versión sinxela sen mollo) é moi popular en Madrid e pode atoparse na maioría dos bares da capital, sendo moi típico da Praza Maior de Madrid. En Zaragoza é tradicional a versión con mollo picante (tomate, maionesa e allo), e denomínaselle bocadillo de luras bravas.

Destinos