Halászbástya

( Bastión dos Pescadores )

O Halászbástya ou Bastión dos Pescadores é unha terraza de estilo neogótico e neorrománico situada na beira de Buda do Danubio, no outeiro do castelo real de Budapest, Hungría, preto da igrexa Matías. O bastión deseñouse e construíuse entre 1895 e 1902 segundo os planos de Frigyes Schulek. As sete torres representan ás sete tribos maxiares que se estableceron na conca carpatiana no ano 896. Recibe o nome do grupo de pescadores responsable de defender este enclave das murallas da cidade na Idade Media. Trátase dun miradoiro con numerosas escaleiras e paseos.

Entre o Bastión e a igrexa Matías álzase unha estatua de bronce de Estevo I de Hungría a cabalo, ergueita en 1906. O pedestal foi construído por Alajos Stróbl, baseándose no proxecto de Frigyes Schulek en estilo neorrománico e con episodios que ilustran a vida do rei.

Photographies by:
Jakub Hałun - CC BY-SA 4.0
Statistics: Position
1295
Statistics: Rank
91890

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
169347852Click/tap this sequence: 1783
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Bastión dos Pescadores ?

Booking.com
491.466 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 92 visits today.