Eulàlia de Barcelona ( Baia de Barcelona )
Baia de Barcelona (chamada Santa Baia, Santa Olalla, Santa Eulalia ou Santalla; en catalán: Santa Eulàlia, Eulària ou Laia) (Barcino (actual Barcelona), h. 290 - ibídem, 12 de febreiro de 303) foi unha mártir cristiá. Foi canonizada en 633 e considérase santa tanto pola Igrexa católica como pola Ortodoxa.
É a patroa dos municipios de Barcelona, Pallejà (Barcelona), Perpiñán (Francia), Esparreguera (Barcelona), Santa Eulalia del Campo (Teruel) , Riudecols (Tarragona) e da vila de Ribas de la Valduerna (León).
A súa simboloxía é unha cruz de Santo André, espeque e unha pomba. A súa vida confúndese ás veces coa Santa Baia de Mérida.