Atol Bora Bora

Bora Bora é un atol de 30 km² no grupo das Illas de Sotavento na parte occidental das Illas da Sociedade na Polinesia Francesa, unha colectividade de ultramar de Francia no Océano Pacífico. A illa, situada a uns 230 km. ao noroeste de Papeete, está rodeada por un lago e unha Barreira de Coral. No centro da illa atopanse os restos dun volcán extinto con dous picos, o monte Pahia e o monte Otemanu, o punto máis alto con 727 m..

Bora Bora é un importante destino turístico internacional, famosa polos seus resorts de luxo. O asentamento máis importante, Vaitape, está no lado occidental da illa principal, fronte á canle principal na lagoa. Os produtos da illa limítase principalmente ao que pode ser obtido do mar e as abundantes árbores de coco, que historicamente tiñan grande importancia económica pola copra. De acordo co censo de 2007, Bora Bora ten unha poboación permanente de 8.880 habitantes.

Historia
 
raíña Teriimaevarua III e as súas damas de honor, c. 1899

Os polinesios instaláronse probablemente o século IV. O antigo nome de Vava'u suxire que proviñan do arquipélago do mesmo nome nas Tonga.Foi avistada polo neerlandés Jacob Roggeveen en 1722, e logo polo francés Louis Antoine de Bougainville e explorada polo inglés James Cook desembarcou nela en 1770. O español Domingo Boenechea, o 1775, chamounaSan Pedro. Os habitantes guerreiros eran temidos nas illas veciñas, e os seus xefes mantiveron a independencia ata a anexión por Francia en 1881. Antes, en 1842, estableceuse o protectorado francés.

A Sociedade Misionera de Londres chegou en 1820 e fundou unha igrexa protestante en 1890. Bora Bora foi un reino independente ata 1888 cando a súa última raíña Teriimaevarua III viuse obrigado a abdicar polos franceses que se anexionó a illa como unha colonia.

Na Segunda Guerra Mundial a illa foi elixida polos norteamericanos como base de subministración do Pacífico sur. En 1942 desembarcáronse 5.000 soldados, superando a poboación insular, e construíron un aeroportono Motu Mate, defensas de artillería e depósitos de combustible. Non se produciu ningún combate en Bora Bora, e a base foi pechada en 1946 ante as queixas pola presenza norteamericana. Algúns soldados tiveron que ser repatriados á forza. O aeroporto militar foi o único aeroporto internacional da Polinesia Francesa ata a construción do de Faa'a en Tahití en 1962.

Photographies by:
Statistics: Position
1289
Statistics: Rank
91890

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
329451876Click/tap this sequence: 2317

Google street view

Where can you sleep near Atol Bora Bora ?

Booking.com
489.834 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 2 visits today.