Asado

O asado é un modo de cociñar os alimentos crus directamente á calor do lume ou dun forno.

O asado pode facerse ben en asador (asadeiro, churrasqueira), ben no forno. Se se fai á grella chámase grellada, que pode ser de verduras, peixe (por exemplo as sardiñadas), ou de carne (churrascadas). Pode facerse tamén no espeto (por exemplo o carneiro ou as sardiñas).

O termo asado (assado no Brasil) refírese en Suramérica tanto ás técnicas de cociñado no lume (grellada) coma ao evento social de asistir á churrascada Na Arxentina, Chile, Paraguai, Uruguai considérase prato nacional. Nestes países, a palabra asado é sinónimo do que en galego se denomina churrasco. O asado suramericano adoita consistir en carne principalmente de vitela (vacún) con outras feitas á grella, ou directamente no lume cun espeto.

O asado ou churrasco unha das herdanzas máis importantes acollidas e asimiladas en Galicia polos indianos que volvían das Américas. Hoxe en día os asados, especialmente o churrasco, forman parte importante da gastronomía galega.

Destinos