Aokigahara (青木ヶ原), coñecido como Mar de árbores (樹海, Jukai) ou Bosque dos suicidios é un bosque de 35 km2 que se atopa no noroeste da base do Monte Fuji entre a prefectura de Yamanashi e Shizuoka, no Xapón. O bosque ten unha asociación histórica cos demos da mitoloxía xaponesa, habendo poemas de 1000 anos sinalando que o bosque está maldito. O turismo foi limitado só a zonas vixiadas, e aínda que non está prohibido penetrar no bosque, colócanse numerosos sinais de advertencia en varias linguas para axudar ás persoas que pensan en suicidarse, a buscar axuda de familiares antes de facelo.
Engadir un novo comentario