Albarracín

Albarracín é un concello aragonés da provincia de Teruel, situada na comarca da Sierra de Albarracín. En 2006 tiña 1.076 habitantes, repartidos nunha área de 456,50 km².

En 1961, a cidade foi declarada Monumento Nacional.

Historia
 
Aspecto do casco antigo.

Atopáronse importantes pinturas rupestres da denominada arte levantina na Pineta do Rodeno.

Durante a Idade de Ferro, a zona estivo habitada polos lobetáns, probabelmente celtiberos.

No Al-Andalus, a familia bérber dos Banu Razín, fixo destas terras un pequeno reino taifa. Desta familia procede o nome actual da cidade e da serra.

No século XII, o Rei Lupo de Murcia cedeu a comarca de Albarracín ao navarro Pedro Ruíz de Azagra, creándose así o Señorío de Albarracín, que se incorporou ao Reino de Aragón durante o século XIII.

No señorío creouse un bispado que dependía do arcebispo de Toledo. A sede episcopal foi deslocada para Segorb, cando esta localidade foi tomada dos mouros en época do rei Xaime I de Aragón.

Desde 1852, forma parte da diocese Teruel-Albarracín, posibelmente a consecuencia do concordato de 1851.

Photographies by:
Statistics: Position
6344
Statistics: Rank
55134

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
138257469Click/tap this sequence: 8746
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Albarracín ?

Booking.com
9.013.907 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 163 visits today.